MÁS PLURALES SEGUE ADIANTE EN EUROPA
- Detalles
- Published: Martes, 23 Marzo 2021 11:19

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acaba de admitir a solicitude presentada por Más Plurales na que se denuncia que a LOMLOE conculca dereitos fundamentais europeos e españois. Do mesmo xeito foron tamén admitidas outro catro solicitudes.
Tras a intervención do portavoz de Más Plurales e de numerosos deputados europeos a Comisión decidiu:
CONSTITUÍDA A MESA NEGOCIADORA DO XVI CONVENIO DE DISCAPACIDADE. COMEZARÁN REALMENTE AS NEGOCIACIÓNS?
- Detalles
- Published: Xoves, 18 Marzo 2021 18:06

As negociacións do XVI Convenio de Discapacidade parece que serán tan tortuosas e accidentadas como xa o fosen as do actual XV Convenio vixente.
O pasado día 10 de marzo constituíase a Comisión Negociadora, como xa ocorrese co anterior convenio, sen acordo total das partes. Previamente a este feito, CC.OO. e UGT denunciaran o convenio actual o pasado 1 de febreiro, once meses antes de que termine o seu período de vixencia que está fixado para o 31 de decembro.
COLABORA CON INSTITUTO IDIENA E UNIVERSIDADE LA SALLE NO SEU ESTUDO SOBRE INTELIXENCIA EMOCIONAL NAS AULAS
- Detalles
- Published: Domingo, 14 Marzo 2021 11:36

O Instituto de intelixencia emocional e neurociencia aplicada (Idiena), en colaboración coa Universidade de La Salle, lanzaron unha enquisa dirixida a directores de colexio e a docentes, co fin de elaborar o Primeiro estudo de investigación a nivel nacional sobre A INTELIXENCIA EMOCIONAL DOS COLEXIOS EN ESPAÑA.
O obxectivo é dar voz aos directores e a docentes e recoller a súa opinión sobre a importancia da educación emocional dos alumnos e tamén dos propios docentes, especialmente nas circunstancias actuais.
Desde FSIE queremos facer chegar esta enquisa aos nosos afiliados, delegados e simpatizantes pois parécenos unha iniciativa interesante sobre un tema de crecente importancia no ámbito docente.