FSIE 40 años

Cartel Mesa negociadora XVI Convenio de discapacidad

As negociacións do XVI Convenio de Discapacidade parece que serán tan tortuosas e accidentadas como xa o fosen as do actual XV Convenio vixente.

O pasado día 10 de marzo constituíase a Comisión Negociadora, como xa ocorrese co anterior convenio, sen acordo total das partes. Previamente a este feito, CC.OO. e UGT denunciaran o convenio actual o pasado 1 de febreiro, once meses antes de que termine o seu período de vixencia que está fixado para o 31 de decembro.

A falta de acordo e o malestar polas decisións adoptadas polos dous sindicatos maioritarios da mesa quedaron patentes, unha vez máis, co anuncio de CONACEE de impugnar a constitución da Mesa Negociadora. A patronal, maioritaria dos Centros Especiais de Emprego, xa impugnou no seu momento o actual convenio, que non asinou, por considerar que restrinxe a libre competencia das empresas ás que eles representan, reclamación finalmente desestimada pola Audiencia Nacional.

Ante esta sucesión de desencontros e despropósitos, froito da falta de diálogo e consenso entre as organizacións con representación na mesa, só cabe preguntarse: É certo que empezarán as negociacións? Ou, pola contra, verémolas posporse e dilatarse no tempo moito mais alá da vixencia do XV Convenio?

Documentos relacionados

Cartel Mesa Negociadora del XVI Convenio de Discapacidad

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 98 anónimos e ningún membro en liña