FSIE 40 años

FSIE CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO ESIXINDO MEDIDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DA PANDEMIA

CartelA3 Dia Mundial Segur Trabajo 2021
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo pondo o foco nas problemáticas que puxo de relevo a pandemia mundial. Como organización comprometida coa protección da saúde dos traballadores, FSIE quere aproveitar esta data conmemorativa para reivindicar a adopción de medidas urxentes que veñan paliar as consecuencias derivadas da crise sanitaria e as medidas implantadas para contela.

FSIE SÚMASE AO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO RECLAMANDO O RESPECTO E INTEGRACIÓN DAS DIVERSAS CAPACIDADES

CartelA3 Dia Autismo 2 Abr 2021 gallego
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo sumándose unha vez máis a esta iniciativa promovida polas Nacións Unidas que pretende concienciar sobre as problemáticas que afrontan as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e a importancia de integrar as súas capacidades na sociedade.

A pandemia mundial por Covid-19 tivo un grande impacto nos dereitos das persoas con TEA, máis de 450.000 no noso país segundo Autismo España. As restricións á mobilidade, a falta de información accesible e a suspensión da actividade lectiva presencial prexudicou enormemente a un colectivo con formas de aprendizaxe e metodoloxías de traballo diferentes á norma.

 Banner Decalogo2

Temos 132 anónimos e ningún membro en liña