FSIE 40 años

CartelA3 Dia Sindrome Down 21M 2021 gallego

Un ano máis, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase á celebración do Día Mundial da Síndrome de Down co obxectivo de reivindicar o papel fundamental da educación na inclusión das persoas con trisomía 21 na sociedade.

Este día conmemorativo vén marcado pola pandemia mundial e as repercusións que tivo na nosa vida cotiá xa que, desde que dese comezo a principios do 2020, tivemos que adaptarnos a novas formas de relacionarnos, traballar, estudar, etc. Aínda que isto supuxo un gran desafío a nivel mundial, a Organización das Nacións Unidas, organismo impulsor desta iniciativa en 2011, quixo pór o foco nas novas formas de conexión desenvolvidas nesta situación inédita e nas oportunidades que estas nos brindan para favorecer a participación na sociedade das persoas con Síndrome de Down en igualdade de condicións.

FSIE, como organización sindical firmemente comprometida co sector de atención ás persoas con discapacidade, quere contribuír a esta iniciativa coa campaña "Conectados pola Educación" orientada a reforzar o papel da educación como ferramenta fundamental e xeradora de inclusión, igualdade e empoderamento das persoas con Síndrome de Down. Por iso queremos aproveitar a oportunidade para lembrar á sociedade no seu conxunto a importancia de garantir a estas persoas o acceso a unha educación de calidade que non só lles facilite a adquisición de coñecementos e experiencia, senón que recoñeza a diversidade e enorme valía das súas capacidades, fomente a súa autonomía e propicie a súa integración real na sociedade.

Desde FSIE queremos ademais instar ós axentes políticos e sociais e ás administracións públicas a adoptar medidas inmediatas, efectivas e pertinentes para garantir o acceso das persoas con discapacidade a un sistema educativo integrador adecuado ás súas capacidades e ás posibilidades de conexión e desenvolvemento que nos brindan as novas tecnoloxías.

Pola súa banda, FSIE quere reafirmar o seu compromiso de seguir traballando, desde o noso ámbito de actuación, para favorecer a creación dunha sociedade máis inclusiva, sustentable e igualitaria na que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida plena e digna coas mesmas liberdades e dereitos.

Documentos relacionados

Día Mundial del Síndrome de Down_Cartel
Día Mundial del Síndrome de Down_Post Facebook
Día Mundial del Síndrome de Down_Post Twitter

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 43 anónimos e ningún membro en liña