Aula Ventanas abiertas
A proposta realizada ás CCAA non contén grandes novidades e necesítanse algunhas medidas a medio prazo que non se contemplan.

FSIE segue propondo un "Plan estratéxico nacional financiado para a climatización e adecuación das aulas".

FSIE foi e é partidario do ensino presencial sempre que as condicións de seguridade dos traballadores, docentes e non docentes, así como do alumnado o permitan.
O Goberno realizou unha "Proposta de medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte á COVID -19 para centros educativos no curso 2021-2022" que será debatida coas Comunidades Autónomas, aínda que non cos representantes da comunidade educativa aos que segue deixando á marxe.

En realidade, a proposta é un recompilatorio do xa coñecido e que profesorado, persoal de administración e servizos, equipos directivos, alumnado e familias aplicaron de forma exemplar desde hai máis dun ano. No entanto, ante situacións iguais seguen existindo criterios e formas de aplicación diferentes en cada territorio.

Tamén hai algunha proposta como a redución da distancia por baixo de 1,5 m que non está suficientemente xustificada.

FSIE pide ao Goberno e Comunidades Autónomas que empecen a adoptar medidas de medio e longo alcance para dar realmente máxima seguridade e capacidade de prevención aos centros educativos ordinarios e de educación especial. Son espazos e edificios nos que a densidade de persoas é maior que noutros escenarios.

A pandemia puxo de relevo algunhas debilidades que deben ser emendadas con dilixencia. Non debemos esperar a que se esta situación se poida reproducir ou non estar preparados para outra que puidese existir nun futuro. Por iso, FSIE pide ás administracións públicas:

  • O denominado "profesorado COVID" de reforzo debe permanecer no sistema educativo polo menos ata que a situación sexa de total normalidade.
  • Os desdobres e redución de ratios deben consolidarse porque é un claro beneficio para o alumnado e a mellora da súa atención individualizada.
  • Os criterios para pechar unha aula, o período de corentena dos positivos ou dos contactos estreitos deben ser comúns en todas as Comunidades Autónomas. As substitucións do profesorado afectado por COVID deben ser inmediatas.
  • Debe incorporarse de forma progresiva nos centros educativos persoal de enfermaría. Nestes momentos, os docentes e persoal de administración e servizos están a asumir responsabilidades que non lles corresponden (responsable covid e equipo covid) e sobre as que non teñen as competencias e preparación adecuadas.
  • O proceso de vacinación debe acelerarse tanto cos traballadores dos centros que aínda a esta data non teñen as dúas doses da vacina. Tamén deberá realizarse de forma rápida a vacinación do alumnado en canto sexa autorizada pola Axencia Europea do Medicamento (EMA).
  • A pandemia puxo de relevo que a calidade do aire das aulas e centros educativos non é boa nin adecuada para as persoas que conviven na aula.
  • FSIE pide ao Goberno un "Plan estratéxico nacional financiado para a climatización e adecuación das aulas". Débense instalar sistemas de ventilación forzada e de purificación do aire, así como dotar aos centros de medidores de CO2. Aínda estamos a tempo de evitar que o alumnado e os profesionais teñan que afrontar un novo inverno con temperaturas por baixo das esixidas pola normativa para poder realizar o seu traballo. As duras condicións nas que se desenvolveu o curso escolar durante os meses de inverno non deben volver producirse nin agora nin no futuro.
Documentos relacionados
NdP_FSIE exige rigurosidad en la decisión respecto a la segunda dosis de AstraZeneca