FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

FSIE ARRINCA A SÚA CAMPAÑA DE APOIO Á MATRICULACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS E PRIVADOS QUE IMPARTEN BACHARELATO

CartelA3 Bachillerato 2021 Gallego
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza lanza un ano máis, coincidindo coa apertura do período de matriculación, a súa campaña de escolarización en centros concertados e privados que imparten Bacharelato.

Baixo o lema "Xa decidiches que queres ser", a campaña diríxese directamente a aqueles mozos que nestes momentos titulan cambiando de nivel educativo e deben elixir o tipo de centro en que continuarán os seus estudos.

Con esta iniciativa, o sindicato reforza o seu compromiso coa defensa da liberdade de elección como principio fundamental para garantir un sistema educativo plural e de calidade que permita ás familias e ao alumnado optar por unha formación acorde cos seus principios e valores.

OS MENORES DE 60 ANOS PODERÁN RECIBIR A SEGUNDA DOSE DE ASTRAZENECA DE MANEIRA VOLUNTARIA

132 Boletin AstraZeneca
A pasada semana coñecíase o resultado do estudo CombiVacs, en relación ao cal a Comisión de Saúde Pública decidía administrar unha segunda dose de Pfizer a todos aqueles profesionais, menores de 60 anos, vacinados con AstraZeneca.

O 19 de maio no pleno do Consello Interterritorial o Ministerio de Sanidad abría a porta a que se puidese elixir recibir a segunda dose de AstraZeneca de maneira voluntaria e mediante a firma dun consentimento informado. Co fin de avalar esta proposta, o Ministerio de Sanidad realizou unha consulta ao Comité de Bioética respecto diso.

NOVO COMITÉ EXECUTIVO DE ASIEPO

C Execut ASIEPO mai 21
Elixido novo Comité Executivo de ASIEPO (Asociación Sindical Independente da Ensinanza de Pontevedra) integrada en FSIE-GALICIA

Presidente - Jorge González Comesaña

Vicepresidente - José Lourido Penedo

Secretaria Xeral - Yolanda Benito de Tapia

Tesoureiro - Miguel Ángel López González

Vogal - Marta Consuegra Esteban

Vogal - Yolanda Palomares Solla
 

 

 

 

CONSTITUÍDA A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE A CORUÑA PARA O CURSO 2021-2022

O día 5 de maio de 2021, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de A Coruña.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

20 a 31 de maio: Prazo para presentar as solicitudes.

7 de xuño: Último día para dar a coñecer o Centro a concesión ou denegación das becas.

14 de xuño: Útimo día para a presentación de calquera Reclamación, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión.

21 de xuño: Último día para a comunicación da Resolución ás Reclamacións formuladas.

CONSTITUÍDA EN LUGO A COMISIÓN PROVINCIAL DE BECAS DE LUGO PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022

DATAS PARA NON ESQUECER.-

20 a 31 de maio: Prazo para presentar as solicitudes.

7 de xuño: Último día para a comunicación ós traballadores..

14 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

22 de xullo: Último día para a Resolución da Comisión ás reclamacións.

COMISIÓN DE BECAS DE LUGO

Rúa Santiago, 2

27004 LUGO

Tfno.: 982221501

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

CONSTITUÍDA EN OURENSE A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE OURENSE PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022

O día 11 de maio de 2021, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de Ourense.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

27 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

3 de xuño: Daranse a coñecer as resolucións ós traballadores..

11 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

15 de xuño: Resolución da Comisión Mixta ás reclamacións.

COMISIÓN PROVINCIAL MIXTA DE GRATUIDADE DE OURENSE

r/ Bedoya, 9 (Colexio Marista Santa María) / Tfno.: 988228152

32004 OURENSE

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 Banner Decalogo2

Temos 145 anónimos e ningún membro en liña