
Onte, 10 de novembro de 2020, concentráronse diante da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña, representantes galegos dos Traballadores, das Patronais, dos Centros e mias das ANPAS, entidades que integran a Plataforma Más Plurales en protesta pola tramitación da Ley Celaá, na que desaparece o termo "demanda social" o que suporía a planificación unilateral da Administración e a consideración subsidiaria dos centros concertados.
Rodolfo Castro; Secretario Federal de FSIE, como sindicato maioritario na ensinaza concertada e en representación dos traballadores do sector, opina que a aprobación desta lei suporía a perda de postos de traballo porque se irían pechando unidades concertadas pouco a pouco.
Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas, por parte das Patronais, afirma que se está levando a cabo a tramitación desta lei sen ningún tipo de consenso nin diálogo social.
Jesús Martín, director do colexio La Salle Santiago, representando ós centros concertados galegos cre que non é bo que sexa a Administración quen elixa onde levar os menos.
E Ignacio Louro, presidente das ANPAS de colexios concertados da provincia da Coruña, opina que se limita o dereito dos país a elixir o colexio no que queremos que estuden os nosos fillos.
Continuarán as mobilizacións diante dos colexios concertados, todos os mércores deste mes.