
Onte, 22 de novembro de 2020, a Plataforma Más Plurales convocou e levou a cabo en 5 cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo) outras tantas manifestacións en vehículos como protesta pola LOMLOE ou Ley Celaá. En todas elas, afectou en maior ou menor grao o estado de confinamento perimetral das grandes ciudades, pero aínda así a afluencia de vehículos foi en cadansúa considerable.
Todas se desenvolveron sen ningunha incidencia salientable agás, algún que outro atranco puntual producido polos centos de vehículos que compoñían as distintas Manifestacións. Dicir que foron todo un éxito en canto á súa organización ben por parte dos Promotores ben por parte da Policía Local pola súa axuda no decorrer de cada unha delas.
Foi lido un Manifesto no que se remataba facendo un chamamento á sociedade e a todos os cidadáns para que amosen o rexeitamento absoluto á eliminación de dereitos democráticos e liberdades que supón esta LOMLOE. Hai que parar esta Ley Celaá. Stop á Ley Celaá.Documentos relacionados
Manifesto 22 de Novembro