
Onte, 20 de decembro, volveron saír centos de vehículos á rúa en 5 das cidades da nosa Autonomía (A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e mais Vigo), por segunda vez e así deixar patente o enorme descontento, dos colectivos que integran a Ensinanza Concertada, cara á LOMLOE ou Ley Celaá, imposta sen negociación, sen diálogo nin consenso, sen dar pé á participación da cidadanía e para máis inri cunha serie de prexuízos que vai ocasionar ó noso sistema educativo.
A Plataforma Más Plurales manifesta que se enganan se cren que imos quedar calados ante este atropelo. Imos seguir dicindo NON á LOMLOE!
Continuaremos traballando en todos os foros e ámbitos internacionais, nacionais, autonómicos, políticos e xurídicos, para minimizar as consecuencias negativas desta lei ata que se cambie novamente e, oxalá nesta ocasión, a novena, sexa froito dun vedadeiro Pacto Educativo. En Educación cabemos todos e non sobra ninguén!
Documentos relacionados