ASINADO O VII CONVENIO DE ENSINANZA E FORMACIÓN NON REGRADA
- Detalles
- Published: Mércores, 26 Outubro 2011 07:44
O pasado xoves 24 de febreiro de 2011 as organizacións patronais CECAP, CECE, ACADE-FECEI e ANCED e as organizacións sindicais FETE-UXT e CCOO procederon á firma do VII Convenio Colectivo de Ensino e Formación non Regrada.
Segundo os asinantes, este novo texto do convenio supón unha estabilización do sector en tempos de crise, garantindo a súa viabilidade para os próximos anos.
O texto do convenio terá unha vixencia de 4 anos (desde 2010 a 2013), inclúe melloras e os seguintes incrementos salariais para os próximos anos:
- 2010: 0,8 %
- 2011: 1 %
- 2012: 1,5 %
- 2013: Negociaranse, tendo en conta unha porcentaxe que contemple a desviación dos salarios respecto ao IPC.
Resumo das principais novidades do texto do VII Convenio