FSIE 40 años

Cartel Firma Preacuerdo Concertada
FSIE asina o preacordo que posibilita a firma das táboas salariais do 2020 e 2021 así como a próxima firma do VII Convenio.

O preacordo foi asinado por todas as patronais e pola parte sindical asinámolo FSIE, USO e UGT. CC.OO. e CIG comunicaron que o día 11 informarán se se adhiren ou non.

Este preacordo pecha máis dun ano de negociacións e permite asinar as táboas salariais do 2% para o 2020 e do 0,9% para o 2021.

O texto contempla melloras importantes en permisos, excedencias, xornada do Persoal de Administración e Servizos. Ademais, FSIE conseguiu que na incorporación do Acordo de Rexistro e Control da Xornada se modifiquen, tal e como solicitaba, os puntos polos que o sindicato non asinou o devandito acordo.
Tamén se crea unha Comisión Técnica que manterá vivas as negociacións do Convenio durante a súa vixencia para tratar aqueles temas que necesitan moito diálogo como a xornada laboral e a formación entre outros.

En FSIE consideramos que o acordo alcanzado mellora o VI Convenio para todos os traballadores e permite manter un convenio dinámico no que podamos seguir crecendo.

Toda a información, incluído o Preacordo, no noso cartel informativo

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 74 anónimos e ningún membro en liña