FSIE 40 años

WhatsApp Image 2021 06 21 at 16.01.25
O pasado día 30 de Abril asinouse un Preacordo no que se recollían as principais melloras e novidades que se incorporaron ao texto do VII Convenio.

O Convenio foi subscrito, na mañá de hoxe 21 de xuño, por FSIE, o resto de sindicatos agás CIG e por todas as patronais.

Esta firma ratifica a nosa posición de que era necesario denunciar o convenio anterior e que, aínda afrontando unha situación complexa marcada pola pandemia e a tramitación e aprobación da LOMLOE, foi unha negociación positiva e satisfactoria. A prórroga do VI Convenio levounos a estar hoxe na mesma situación que hai dous anos sen avance ningún.
O Convenio recolle todas as melloras pactadas no Preacordo que supoñen importantes avances para os traballadores tanto docentes como para o persoal de administración e servizos.

Poderanse percibir os incrementos salariais de 2020 e 2021 de igual forma para todos os traballadores independentemente do seu nivel ou categoría, introdúcense importantes melloras nos permisos retribuídos e excedencias e para o PAS conséguese unha importante redución de xornada que se implantará de forma progresiva.

Incorporáronse os acordos sobre as saídas e sobre o "Control e rexistro horario", eliminando dous dos escenarios de situacións posibles de abuso polos que FSIE non o asinou no ano 2019.

O Convenio establece unha Mesa Técnica formada polos asinantes que seguirá abordando durante a vixencia do mesmo importantes temas sobre os que neste momento non foi posible alcanzar un acordo. Desta forma non hai que esperar a negociar estas cuestións á terminación da vixencia do Convenio, creando un ámbito de negociación vivo e permanente dentro da Comisión Técnica de Traballo, incorporándose ao convenio vixente tan pronto como se acorden. Polo tanto, o convenio introduce melloras moi importantes, quedando aberto a unha negociación e mellora continua durante a súa vixencia.

FSIE valora de forma moi positiva este VII Convenio e seguirá propondo melloras a través da Mesa Técnica.

Xa podes consultar toda a información no noso último Boletín.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 374 anónimos e ningún membro en liña