FSIE PIDE UN PLAN ESTATAL FINANCIADO PARA A MELLORA DA CLIMATIZACIÓN DE TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS
- Detalles

O Sindicato solicita ao Goberno e Comunidades Autónomas a vacinación de todos os traballadores de centros educativos e de atención a persoas con discapacidade.
Hai un ano que se empezou a falar da COVID-19 e lamentablemente atopámonos nunha situación moi similar. A descoordinación e mesmo enfrontamento entre o Goberno e Comunidades Autónomas e a disparidade de criterios a aplicar polas administracións públicas ante situacións iguais ou similares seguen sendo un dos problemas máis serios para facer fronte á pandemia e que preocupan gravemente á sociedade.
MÁS PLURALES LEVA A SÚA BATALLA CONTRA A PEOR LEI ORGÁNICA DE EDUCACIÓN A EUROPA
- Detalles

A entrada en vigor da LOMLOE non detén a Más Plurales, que estudará detidamente o desenvolvemento normativo que o Goberno e as comunidades autónomas fagan para aplicar a LOMLOE. Estamos dispostos a adoptar todas as medidas necesarias para seguir defendendo a liberdade de ensino consagrado na nosa Constitución, para que a ensinanza concertada sexa unha rede complementaria do sistema educativo financiado con fondos públicos sen excluír a ninguén desta posibilidade, especialmente ás familias e alumnos máis desfavorecidos, para que se recoñeza e prestixie a todos os traballadores do sector en igualdade aos do sector público, e para que se cumpran todos os acordos internacionais que o Estado español ten subscritos e que afectan ó sistema educativo.
PUBLICADA NO BOE A ORDE PCM/2/2021 POLA QUE SE FIXAN AS PAUTAS PARA A ABAU 2021
- Detalles

Este mércores 13 de xaneiro publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden PCM/2/2021, de 11 de enero, por la que se determinan las características, el diseño y el contido de la evaluación de Bachillerato para e acceso a la Universidad, y las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las cualificaciones obtenidas, en el curso 2020-2021.
Mediante a dita Orde o Ministerio de Educación y Formación Profesional exerce a súa competencia de determinar anualmente as pautas para a celebración da ABAU.
A ENTRADA EN VIGOR DA LOMLOE SERÁ EN VARIAS FASES
- Detalles

Tras a súa aprobación na Cámara Alta o pasado 23 de decembro a Ley Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, por lla que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE) culminaba a súa tramitación coa publicación no BOE o 30 de decembro. O novo texto entrará en vigor o próximo día 19 de xaneiro de 2021 en varias fases, segundo o calendario de implantación que detallamos a continuación.
Nesta primeira fase aplicaranse as modificacións relativas á participación e competencias do consello escolar, claustro e directores, á autonomía dos centros docentes, ao proceso de selección de directores nos centros públicos e á admisión de alumnos (salvo que o proceso ise niciara antes da entrada en vigor do texto).
A EQUIPARACIÓN TOTAL NO PERMISO DE NACEMENTO, GARDA OU ADOPCIÓN EFECTIVA DESDE O 1 DE XANEIRO
- Detalles

Desde o pasado día 1 de xaneiro de 2021 os proxenitores gozarán das mesmas condicións no permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento. Termina así a transitoriedade establecida polo Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urgentes para garantía de la igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en el empleo y la ocupación (BOE de 7 de marzo de 2019) fixándose 16 semanas de suspensión do contrato de traballo para o coidado dun menor para toda nai ou pai que así o desexe.
Ademais o permiso poderá incrementarse en dúas semanas, unha para cada proxenitor, en caso de discapacidade do fillo ou, no suposto de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiple, por cada fillo ou filla distinta do primeiro. En caso de parto prematuro ou situación que requira hospitalización de máis de 7 días a continuación do parto poderase chegar a ampliar este período ata un máximo de 13 semanas.
A LOMLOE ENTRA EN VIGOR TRAS A SÚA PUBLICACIÓN NO BOE
- Detalles

O mércores 30 de decembro de 2020 foi publicada no Boletín Oficial do Estado a Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE). Tras meses de polémica e a pesar da mobilización cidadá na súa contra, o proceso exprés de tramitación da lei culminou ás portas do novo ano coa súa entrada en vigor definitiva.
Como viñemos denunciando, a denominada Ley Celaá non tivo en ningún momento a intención de abordar os problemas reais da educación española sendo os seus únicos obxectivos principalmente partidistas e ideolóxicos. Unha lei nada sen consenso nin diálogo, en cuxa elaboración se vetou a participación da comunidade educativa e a sociedade civil e tramitada no medio dunha pandemia mundial sen precedentes.
Máis artigos
- A PLATAFORMA MÁS PLURALES OPORASE DESDE TODAS AS FRONTES Á LEI CELAÁ
- POR UNHA LIBERDADE E PLURALIDADE NO NOSO SISTEMA EDUCATIVO
- Festas locais 2021 (Galicia)
- SEN NEGOCIACIÓN, DIÁLOGO NIN CONSENSO, O SENADO DÁ UN PASO MÁIS CARA Á ATROPELADA APROBACIÓN DA LOMLOE
- A MINISTRA ADIANTA DETALLES DO SEU PLAN PARA A FP NO FORO "UNHA NOVA LEI PARA UNHA NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL?
- MÁS PLURALES CONTINÚA LOITANDO CONTRA A LEY CELAÁ ÁS PORTAS DO SENADO