Calendario laboral 2021 (Galicia)
- Detalles

Ver DECRETO (DOG, 30-09-2020)
Ver DECRETO (DOG, 30-09-2020)
Foi publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe, mediante Resolución de 15 de setiembre de 2020 de la Dirección General de Trabajo, el Acuerdo relativo a la regulación sobre los contratos eventuales por circunstancias de la producción del VI Convenio colectivo de empresas de enseñanza privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos.
O devandito acordo, subscrito o pasado 4 de setembro, establecía o Contrato Eventual por circunstancias da produción como modalidade contractual para a incorporación de persoal docente debido á crise sanitaria pola COVID19. Posteriormente, nunha nova reunión da mesa negociadora ampliaríase dita medida á incorporación de persoal non docente e non incluído nos incrementos de dotación das CC.AA.
No día de onte publicábase no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-Ley 28/2020 de 22 de setiembre de trabjo a distancia. A xeneralización do teletraballo como consecuencia das restricións e medidas de contención da pandemia postas en marcha o pasado mes de marzo, puxo de manifesto a necesidade dunha regulación específica do traballo a distancia e, en concreto, do teletraballo.
O texto establece que se considerará teletraballo a forma de organización ou de realización do traballo mediante as tecnoloxías da información no marco dun contrato, ou dunha relación laboral, na que un traballo que tamén podería realizarse nos locais da empresa se executa fóra destes con carácter regular.
En relación coas medidas contidas no Protocolo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21 (versión 22.7.2020), estas novas instrucións teñen como modificación máis relevante o establecemento de que, de forma xeral, se manterá unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo, agás na educación infantil e na educación primaria, ensinanzas en que a organización do alumnado se establecerá, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Esta variación da distancia interpersoal entre o alumnado obriga os centros educativos a modificar a planificación e a preparación que realizarán para iniciar o curso académico 2020/21 axustándose ao Protocolo aprobado o 22 de xullo de 2020, facendo inviable manter o comezo do curso académico para o día 16 de setembro nas ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, na formación profesional e nas ensinanzas especiais. Así mesmo, fai necesario que se diten unhas instrucións que establezan os criterios que os centros educativos deben aplicar na configuración dos grupos de alumnos e normas básicas sobre a autorización da cota de profesorado en cada centro educativo.
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE) lamenta que nestes momentos de excepcionalidade o Goberno e o resto de Grupos Parlamentarios non dean mostras dunha mínima predisposición ao diálogo e ao consenso e solicita que os Presupuestos Generales del Estado contemplen un incremento significativo no financiamento para facer fronte ás necesidades que xurdiron como consecuencia do COVID-19 en todos os centros sostidos con fondos públicos.
Nas últimas semanas, e coincidindo un inicio de curso inédito e infestado de incerteza, o Goberno comezou a súa rolda de contactos co resto de forzas políticas a fin de solicitar apoios para os próximos Presupuestos Generales del Estado.
Finalmente púidose constituír a Mesa Negociadora do VII Convenio de Concertada que quedou aprazada no mes de febreiro pola pretensión de CC.OO. de incorporar á representatividade sindical a totalidade de delegados do sector de Centros Privados de Comunidade Autónoma do País Vasco.
FSIE opúxose a esta pretensión de CC.OO. por dúas razóns: a primeira porque nunca se computou este Convenio Colectivo no ámbito do Convenio estatal de concertada e, segunda, porque se pretendía incluír a moitos delegados de empresas privadas que non están sostidas con fondos públicos e por tanto nada tén que ver co ensino concertado.