SPE
Sindicato Profesional da Ensinanza (A Coruña).
Sindicato Profesional da Ensinanza (A Coruña).
Sindicato Independente de Ensinanza de Lugo.
Sindicato de Independentes da Ensinanza de Ourense.
Asociación Sindical Independente da Ensinanza de Pontevedra.
Somos
A FSIE-GALICIA somos unha organización sindical INDEPENDENTE dos Partidos políticos, das Organizacións patronais, do Goberno, das Administracións públicas e de calquera outra Entidade, Grupo ou Asociación allea ós intereses dos traballadores da ensinanza privada e como verdadeiros coñecedores do sector, loitamos pola defensa dos nosos intereses, así como pola LIBERDADE DE ENSINANZA.
Acadamos
A FSIE-GALICIA, vertebrada polos liberados, afiliados, delegados, candidatos, colaboradores e simpatizantes, ímonos afianzando cada vez máis como primeira forza sindical na nosa Comunidade Autónoma: O que anos atrás podía ser visto como unha utopía, hoxe, para ledicia nosa, estase a converter nunha realidade.
Estamos
Isto posibilita que a FSIE-GALICIA esteamos presentes na Comisión autonómica da Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC), nas de Concertos (na maioría das provinciais), nas de Gratuidade,..., así como tamén nas negociacións e posibles sinaturas dos distintos Acordos a acadar coa Administración autonómica que afecten á Ensinanza privada e ós seus traballadores: analoxía retributiva, incremento de Equipos docentes, acumulación das horas de lactancia, Paga de 25 anos...